O Concello de Dodro presenta a nova edición da súa Escola de Verán, que vén con catro quendas

29 Maio 2023

O Concello de Dodro presentou os detalles dunha das grandes actividades locais de lecer estival e conciliación familiar: a Escola de Verán (Concilia Dodro). Poderán participar nenas e nenos de entre 3 e 12 anos (cumpridos a data de inicio da actividade). O centro de operacións das actividades será o Polideportivo Municipal. Haberá catro quendas por cada quincena de xullo e agosto: do 3 ao 14 de xullo, do 17 ao 21 de xullo, do 1 ao 14 de agosto e do 16 ao 31 de agosto. As actividades celebraranse en horario de mañá, de 9 a 14. horas. As inscricións haberá que facelas no departamento de Servizos Sociais de Dodro até o 16 de xuño. Deberán presentarse no Rexistro do Concello. As prazas serán limitadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...