O Coliseo Noela acolle mañá mércores aestrea do documental “O Camiño esquecido”

02 Maio 2023


Contará coas intervencións do delegado da Xunta na Coruña, a presidenta da Asociación de Concellos do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia e o alcalde de Noia

O Coliseo Noela de Noia acollerá mañá mércores 3 de maio, a partir das 20:00 horas, a estrea oficial de “O Camiño esquecido”, un documental promovido pola Asociación de Concellos do Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia e que recolle as evidencias documentais e patrimoniais sobre a historicidade e o trazado deste camiño de peregrinación a Compostela. Unha iniciativa na a que Asociación de Concellos do Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o Xacobeo 21- 22 e o Xeodestino Ría de Muros Noia.
A apertura de portas terá lugar ás 19:30 horas no Coliseo Noela, onde haberá un photocall para as persoas asistentes. O acto dará comezo ás 20:00 horas, coas intervencións do alcalde de Noia, Santiago Freire; a presidenta da Asociación de Concellos do Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia, Teresa Villaverde; e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.
Acto seguido terá lugar un coloquio técnico no que participarán: Sebastián Valverde, produtor do documental; Mario César Vila, arqueólogo e historiador; Sofía Baqueiro, arqueóloga e historiadora; e Marcial Rodríguez, arquitecto. Así mesmo, está prevista a participación por videoconferencia de Rafael Méndez Peña, director e realizador do documental, de 27 minutos de duración.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.