Municipais 2023: O BNG postúlase para dar ao Barbanza o cambio “que precisa e que demanda”

12 Maio 2023

Coincidindo co inicio da campaña das eleccións municipais deste mes de maio, o BNG do Barbanza emitiu un comunicado no que sintetiza o seu programa e as súas fortalezas de cara a obter a vitoria nos comicios. “O noso grupo”, din ” está nun gran momento, no mellor da súa historia”. Así, proseguen, “fronte a un PP que representa o pasado, un proxecto esgotado, sen ideas e sen impulso, o BNG representa o porvir, a nova Galiza que xa estamos construíndo colectivamente concello a concello”. Luís Pérez Barral, responsábel da agrupación no Barbanza, explícao deste xeito: “Estou convencido de que estas eleccións municipais van supoñer un grande salto adiante para o BNG”.

O equipo de Ribeira durante a pegada de carteis

Desde o BNG destacan dúas fortalezas: a primeira son as súas candidaturas, formadas por “brillantes homes e mulleres” que van dar o mellor de si mesmas para empezar a construír “unha nova Galiza, concello a concello”, indicou Pérez Barral, engadindo que “a segunda fortaleza é unha corrente de simpatía cara o BNG que non deixa de medrar e que comparten cada vez máis galegos e galegas que ven en nós a alternativa real fronte ao de sempre”, argumentou.

Pérez Barral, que tamén é candidato por Ribeira, lanzou unha mensaxe para convidar a participar intensamente na campaña, asistindo aos actos, falando con amizades e veciñanza e animando a conseguir apoios. “Este é o momento do BNG, comezamos unha campaña que vai estar cargada de entusiasmo, onde saímos conscientes da responsabilidade de que moita xente ve en nós esperanza para mellorar o seus concellos”.

O equipo de Rianxo

“Os gobernos BNG transforman en positivo mellorando a  vida das persoas; xestionan con eficacia e con transparencia; aportan solucións de vangarda aos grandes retos que temos encima da mesa, poñen en marcha concellos inclusivos, feministas, igualitarios e profundamente democráticos e alí pon en marcha concellos dinámicos no económico, no social, no cultural e profundamente orgullosos da súa identidade”, sintetizou.

Outros artigos

Presentados os novos párrocos no Barbanza

Este domingo o arcebispo de Santiago procedeu a presentar ós novos párrocos e moderadores das parroquias do Araño, Isorna, Taragoña, Fruime, Boiro, Abanqueiro, Bealo, Cabo de Cruz, Cespón , Cures e Macenda. O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sociedad anestesiada”. José Antonio Constenla

“Sociedad anestesiada”. José Antonio Constenla

Bienaventurado el que tiene una oportunidad y la aprovecha, es lo que debiópensar Juan Carlos Unzué, ex guardameta de Osasuna, Barça, Tenerife ySevilla, cuando en una jornada organizada en el Congreso de los Diputadossobre la ELA (enfermedad que le diagnosticaron en...