Nove socios da ABE, pioneiros en obter o distintivo de calidade SICTED

16 Maio 2023

O pasado venres 13 de maio celebrouse na sala de xuntas do Consistorio de Boiro a primeira reunión da Mesa de Calidade do destino Barbanza Arousa, órgano encargado da implantación do sistema Integral de calidade Turística en destinos (SIDTEC).

A Mesa de Calidade conta con representantes dos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira; da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, o Clúster de Turismo de Galicia, 5 asociacións empresariais e persoal técnico da Mancomunidade.

A ABE está representada na mesma a través do seu xerente , Tomás Estévez, que actúa como vogal.

En canto ao contido da mesa examináronse os resultados da implantación deste sistema de calidade, con 36 empresas da nosa contorna que superaron satisfactoriamente as avaliacións. Ademais destas avaliacións, as entidades cumpriron outros requisitos relacionados coa óptima xestión empresarial e dos servizos así coma a recepción de dúas asistencias técnicas individuais, a participación en sesións formativas e asistencias técnicas colectivas.

Dos 36 distintivos, 12 corresponden a Boiro e deles 9 son empresas que, ademais, son todas asociadas a ABE. “Isto”, sinalaron fontes da patronal boirense, “énchenos de orgullo xa que, unha vez mais somos líderes, sendo a asociación que mais empresas aporta ao proxecto e ademais o 100% conseguiron certificarse”.

En canto ao proxecto, o resultado valorouse moi positivamente pola Mesa de Calidade e tamén por membros de SEGITTUR, “xa que os 38 certificados supón unha das cifras mais altas do país para o primeiro ano de actividade”, engadiu a ABE, que destacou que a finais de ano abrirase unha nova convocatoria na que poderán participar novas empresas e entidades que queiran acadar esta acreditación de boas prácticas que entre outros beneficios puntúa de cara a conseguir axudas públicas.

“Dende a ABE axudamos as empresas asociadas no proceso de certificación para que lles resulte mais doado conseguilo”, puntualiza a patronal.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.