Na Pobra acto de presentación do libro “Entre nós” Doce palabras, dúas miradas

11 Maio 2023

Unha palabra pode conter todo un universo no seu interior e evocar tantas emocións e lembranzas
como persoas as experimentaron. O libro Entre nós toma como referencia o haiku, breve poema xaponés, para, a partir dun vocablo, confeccionar dous relatos: un a través da mirada de Emilio Castro e outro de Carmen Fernández.
O resultado son vinte e catro breves narracións ficticias en galego acompañadas de ilustracións froito do talento e imaxinación de Fran Muñiz. Ao abeiro da programación do Maio das Letras Galegas, a
presentación desta obra colectiva efectuouse na tarde deste 11 maio no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, coa banda local Moito! como responsable do toque musical.
Durante a súa intervención, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, referiuse á literatura como espazo de creación colectiva e non só individual como se adoita asociar. Deste xeito, as letras “crean un vínculo
entre as partes implicadas no proceso de creación que traspasa o papel, ademais de sucederse unha retroalimentación no ámbito cultural.”

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.