Municipais 2023: Santiago Freire exemplo de bo alcalde do PP segundo o presidente dos populares galegos, Alfonso Rueda

22 Maio 2023

O presidente dos populares galegos e presidente da Xunta, Alfonso Rueda, estivo este luns arroupando aos candidatos do PP nos municipios de Noia, Outes e Muros. Rueda estivo acompañado do presidente provincial, Diego Calvo, e do coordinador xeral do PP nacional, Elías Bendodo.

En Noia realizaron un percorrido polo centro histórico da vila xunto ao rexedor, Santiago Freire, ao que Rueda puxo como exemplo dos bos alcaldes do PP. Durante o paseo, tiveron a oportunidade de intercambiar impresións cos veciños e comprobar en primeira persoa os resultados da xestión de Freire á fronte do Concello desde o 2016.

Entre algunhas das propostas de Freire para o próximos catro anos estarían a construción dun novo centro de saúde, a posta en marcha do centro de día na Chaínza, a ampliación de chan industrial no polígono e, entre outras, a remodelación da estación depuradora. Posteriormente o presidente dos populares galegos acudiu a Outes e Muros.

Remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.