Municipais 2023: O PP inclúe para Corrubedo homeneixar a estética do casco urbano de acordo cun proxecto da Fundación Ría

20 Maio 2023

O recentemente remodelado Centro Social de Corrubedo dou cabida na tarde de hoxe a un acto do Partido Popular cos veciños no que o candidato ao alcaldía, Manuel Ruiz, mostrouse moi crítico cos partidos que conforman a oposición no Concello de Ribeira ao impedirlle ampliar en 400.000 euros o gasto a mantemento no termo municipal.

Así, no acto celebrado na ampliación do centro social, que se encheu, Ruiz Rivas recordou que tanto no 2021 como no 2022 a oposición rexeitou a aprobación dos Orzamentos Municipais, algo que sucede por primeira vez na historia do Concello, o que ademais de imposibilitar ditos 400.000 euros tamén significou non poder comprar un tractor desbrozador para limpar as marxes dos camiños, razón pola cal houno que recurrir a un crédito. “Átanme as mans á espalda e piden que faga como se tivera as mans libres”, dixo, e prometeu que o primeiro que fará se o PP acada unha maioría suficiente para gobernar é aprobar os orzamentos.

Entrando nas propostas para Corrubedo, Manuel Ruiz explicou que están en contratación a ampliación dos pistas de Saamil, a pavimentación de tramos da rúa Buenos Aires e a ampliación da rúa do colexio, e que tamén se pretende mellorar o acceso a Teira cun proxecto que está recorrido despois de que o parque natural informase en contra. Tamén citou a humanización do entorno do faro de Corrubedo e a mellora das beirarrúas da marxe esquerda cara esta instalación, que se farán cos fondos Next Generation que o Concello conseguiu para o Plan de Sostibilidade Turística de Ribeira.

No seu programa para a próxima lexislatura, o Partido Popular inclúe como unha das propostas máis importantes a homexeneixar as pavimentacións e materiais do casco urbano de acordo cunha proposta que está elaborando a Fundación RIA, liderada polo prestixioso arquitecto e veciño de Corrubedo, David Chipperfield. Ademais, o programa inclúe outras actuacións como a pavimentación da rúa que vai cara a Praia do Prado e enlaza coa rúa Rocapellón, a canalización de augas e alumeado na rúa do Colexio, a pavimentación de rúa Pradiño a Corgo, pavimentacións en Teira e mellora da senda dende o faro ata a praia do Cantón.

Centro médico
Outro nos eidos no que está traballando é normalizar o servizo de atención primaria no centro médico da parroquia: unha necesidade na que está en contacto permanente con distintos cargos do Sergas e a Consellería de Sanidade para que se resolva canto antes igual que acadou xa cando había ese mesmo problema en Palmeira.

No acto tamén participaron a candidata por Corrubedo, Estrella Franco; a número 2, María Sampedro; e José Francisco Parente, que estivo exercendo de interlocutor co goberno municipal estes catro anos e enumerou, como tamén fixo Manuel Ruiz, moitas das actuacións feitas.

Entre elas, a propia reforma do centro social, saneamentos nas rúas Delicias, Dunas, Prado, Rocapellón ou Campo da Agra; pavimentacións en Pedra do Pino, rúa Atalaia, o entorno do cemiterio, Chaprado ou Ceboleira ou a retirada do emisario do Cantón, a remodelación da praza de Teira ou a sinalización do Camiño A Orixe que parte do faro, entre outras.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.