Municipais 2023: O BNG compromete actividades e facilitará a conciliación se chega ao goberno ribeirense

23 Maio 2023

O BNG ribeirense comprométese a “desenvolver políticas de conciliación” para que as familias teñan programadas actividades municipais para nenos e nenas durante todo o ano, como “unha medida efectiva de fomento da igualdade e da natalidade”.

Luís Pérez Barral e Cruz Rivadulla anunciaron algunhas das medidas do programa de conciliación que o BNG porá en marcha de chegar á alcaldía, cunha clara aposta pola igualdade e polo coidado das persoas, para favorecer a compatibilidade de horarios laborais e familiares e facilitar a natalidade.

Entre os compromisos destacan a dotación de novos parques cubertos para xogar ao aire libre en verán e inverno, puntos de atención á infancia para deixar a rapazada mentres se fan recados e un trazado viario de camiños escolares para que o alumnado poida chegar andando aos colexios, coa implicación da veciñanza e co calmado do tráfico para favorecer a seguranza e os hábitos saudábeis na infancia.

“Estas iniciativas compleméntanse coa posta en marcha dun programa para mellorar o servizo dos comedores escolares e coa firme convicción de traballar a carón das ANPAS e das familias para desenvolver todo tipo de actividades”, explicou Pérez Barral, engadindo que “cando o BNG chegue ao Goberno de Ribeira traballará para a incorporación de cláusulas sociais na contratación pública; non só para contratar mulleres e reducir a fenda de xénero, tamén para fomentar que as empresas destaquen por desenvolver políticas a favor da igualdade e da conciliación, indicou”. Neste sentido, os nacionalistas apostan, no curto prazo “por reforzar o Servizo de Axuda no Fogar e, a longo prazo, municipalizar este servizo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.