Municipais 2023: Nós Pobra móstrase disposta a facer goberno como alternativa á proposta do PP

31 Maio 2023

A agrupación Nós Pobra, co actual rexedor Xosé Lois Piñeiro á fronte, emitiu un comunicado no que analiza os resultados das eleccións municipais deste domingo, nas que o grupo non acadou as actas que agardaba. Segundo lembran, “a caída nos apoios a Nós Pobra nestas eleccións supuxo baixar dos 2019 votos acadados nas eleccións de 2019 aos 1214 obtidos no día de onte. 805 menos. En porcentaxe pasamos do 36,14 % ao 23,05 %. Os resultados non son bos en absoluto e para nada os esperados pola asemblea, que procurará analizar o porque deste duro castigo por parte da cidadanía”.

Xosé Lois Piñeiro, alcalde actual da Pobra (Nós Pobra)

No comunicado Nós Pobra recorda que o Partido Popular perde igualmente votos, pasando de 1.968 a 1.921, sen embargo incrementa a súa porcentaxe de 35,23 % a 36,47 %, o que lle permite por escaso marxe subir de 5 a 6 concelleiros/as.

Pola súa banda, comentan, “o BNG experimentou unha lixeira subida de 789 a 936 que o mantén en dúas actas, o PSOE baixou de 751 a 631 e tamén se mantén na única acta coa que contaba e, a maiores, VixP vai entrar na Corporación Municipal cunha acta de concelleiro grazas a acadar 495 apoios”.

E engaden: “Ningunha das forzas presentadas acadou a maioría absoluta necesaria para afrontar con seguridade a sesión de investidura e calquera que desexe presentar candidatura á alcaldía deberá procurar apoios noutros partidos ou esperar a que os demais non cheguen a un acordo. Os seis concelleiros e concelleiras do PP permítenlle presentarse coa certeza de que calquera outro candidato ou candidata que se presente precisa do apoio de todas as demais forzas, é dicir, deben votar conxuntamente Nós Pobra, BNG, PSOE e VixP para investir a outra persoa candidata”.

Na análise electoral, a asemblea veciñal Nós Pobra considera que é “a nosa obriga explorar as opcións que existen para chegar a acordos que permitan un goberno alternativo ao que puidera conformar o Partido Popular”.

E engaden: “É a nosa responsabilidade tratar de consolidar todas as liñas políticas e accións de goberno establecidas nos últimos 8 anos de goberno, moitas das cales corren o risco de desaparecer baixo un goberno popular. Por iso imos falar coas outras tres forzas necesarias, con xenerosidade e honestidade, sendo conscientes do peso que cada unha ten dentro da Corporación e co obxectivo de formar un goberno estable e forte. Se isto non é posible, asumiremos a responsabilidade de liderar a oposición, que exerceremos de maneira construtiva”.

Respecto das opcións para formar goberno, din que de “cara á sesión de investidura hai dúas posibilidades principais”: ou ben a alcaldía para o Partido Popular co apoio de VixP, que suporía unha investidura apoiada por 2.416 votos fronte ao rexeitamento de 2.781 que sumamos Nós Pobra, BNG e PSOE; ou ben a alcaldía para Nós Pobra co voto favorable de VixP, BNG e PSOE, que suporía unha investidura apoiada por 3.276 votos fronte a 1.921″.

Outros artigos

Barbanza Arousa entrega os premios da XI edición da ruta + q Tapas

A Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos concellos da Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro e Ribeira, entregou na mañá deste martes 3 de marzo os galardóns da novena edición da Ruta de Tapas + q Tapas, impulsada pola entidade supramunicipal. A hostalaría dos catro...

+

A Pobra reivindica unha “igualdade real” no marco do 8M

O Concello da Pobra do Caramiñal conmemora o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cun amplo programa de actividades que combina accións educativas e actos institucionais co obxectivo de seguir avanzando cara "a unha igualdade real". “Este 8M queremos que a nosa...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.