Martiño incorpora a Olga González e Francisco Bermúdez á súa candidatura para as municipais

09 Maio 2023

A candidatura socialista de José Ramón Romero, Martiño, combina a continuidade dos actuais membros do goberno con novas incorporacións entre os dez primeiros postos da lista. Olga González e Francisco Bermúdez acompañarán a Martiño nas municipais de 2023 ocupando os postos 5 e 9 da lista.

Olga González é mariscadora e veciña de Cures, moi vinculada cos tecidos produtivos do municipio e relacionada con entidades e colectivos do municipio. “Olga coñece ben o municipio e sempre implicada en cuestións que afectan á súa parroquia e sempre trasladou demandas e melloras para os seus veciños e veciñas”, manifestou Martiño.

Francisco Bermúdez é natural de Cespón e desenvolve a súa actividade profesional nos servizos e “coñece perfectamente o ámbito municipal e a súa realidade, así como as demandas e necesidades de moitos lugares polo seu contacto coa xente”, recoñeceu Martiño.

“Tanto Olga como Paco veñen a aportar ideas novas ao equipo de traballo e estou seguro de que os dous farán un gran papel como concelleiros do goberno”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.