Municipais 2023: Manuel Ruíz deu a coñecer aos veciños de Abesadas o proxecto para crear zonas verdes e deportivas e 500 aparcamentos no entorno

17 Maio 2023


O candidato á alcaldía polo Partido Popular de Ribeira, Manuel Ruiz, deu a coñecer onte pola tarde
nunha das novas prazas abertas ao exterior xurdidas a raíz da recente remodelación da Casa da Xuventude, o proxecto para dinamizar o barrio de Abesadas.

Neste senso, Ruiz explicou aos veciños a súa intención de desenvolver o Plan Parcial Abesadas B contemplado no PXOM, o que vai permitir crear pola parte posterior ao Xulgado, nunha superficie de 60.000 metros cadrados novas verdes, pistas deportivas, áreas de esparcimento e 500 prazas de aparcamento en superficie, independentemente das correspondentes aos cinco edificios que se construiría, separados entre eles 25 metros na procura de conquerir un barrio máis humano, accesible
e agradable, acorde coa ‘nova Ribeira’ que propoñe o programa do Partido Popular. Sería ademais o lugar ideal para ubicar o novo Centro de Saúde, que precisa dúas plantas de 1.800 metros cadrados cada unha para acoller novos servizos.

O candidado popular tamén fixo alusión á subvención europea confirmada a finais do mes pasado que, co ánimo de favorecer as baixas emisións, destina 875.000 euros de fondos Next Generation a mellorar a
accesibilidade e a seguridade viaria: un proxecto que se pretende materializar en connivencia cos propios residentes no barrio.

Por outra parte, tanto Manuel Ruiz como María Sampedro recordaron algunhas das múltiples actuacións realizadas nos últimos catro anos para mellorar a vida do barrio. Entre elas, a propia reforma integral da Casa da Xuventude que incluíu a apertura ao exterior de pequenas prazas como a que acolleu o acto, ou un gran espazo público entre o inmoble e o colexio Galaxia; ou tamén o cambio de pavimentación no parque de Abesadas, a aprobación do gasto para a próxima cubrición do seu parque infantil, o asfaltado dun dos seus parques disuasorios, a apertura dunha senda turístico fluvial polo cauce do río Pedrín ata o lavadoiro de San Roque; a canalización de pluviais e construción de beirarrúas no entorno da Escola
Infantil ou a construción do Novo Auditorio.

Tamén tiveron críticas cara á irresponsabilidade da oposición, que onte mesmo ralentizaron o proceso de municipalización do parking do Centenario ao impedir co seu voto poder sacar a información pública e
presentación de alegacións tanto a ordenanza fiscal como o regulamento de funcionamento do aparcamento.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.