Máis de corenta persoas adquiriron na Pobra o nivel A1 en lingua de signos

24 Maio 2023

A actividade de formación do nivel A1 en lingua de signos desenvolvida na Pobra chegou nesta semana ao seu remate coa entrega dos diplomas acreditativos ás máis de corenta persoas que participaron nesta acción posta en marcha pola Concellaría do Desenvolvemento Local.

A concelleira Amparo Cerecedo apunta que se ofertou este nivel despois da demanda rexistrada nas dúas edicións previas do curso de iniciación. Remarca, deste xeito, a importancia por favorecer a comunicación e a inclusión.

As aulas celebráronse os luns e mércores do período comprendido entre o día 15 de febreiro e o 22 de maio na Casa da Mocidade, a cargo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Abordáronse seis unidades didácticas con contidos gramaticais, léxicos, socioculturais e pragmáticos propios do nivel básico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.