A Casa da Cultura de Porto do Son acolle até o día 11 de maio a exposición Pinceladas do artista José Luis Gigirey, natural de Ames. Pode verse en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, e tamén os martes e o venres pola tarde (de 17.00 a 19.00 horas). Trátase de medio cento de fotografías obtidas polo artista no transcurso dos seus paseos regulares polo medio natural da contorna da nosa comarca, e tamén doutros países como por exemplo Islandia ou Noruega. As pezas plasman imaxes de gran beleza nas que se poden recoñecer, entre outros seres vivos, bolboretas, cogomelos ou insectos.



