Lousame e a Fundación Amigosde Galicia achegarán as novas tecnoloxías ás persoas maiores do municipio

04 Maio 2023

O Concello de Lousame colabora coa Fundación Amigos de Galicia e a Xunta de Galicia na posta en marcha do programa “Nosos maiores, mellor acompañados”.
Trátase dunha iniciativa gratuíta dirixida ás persoas maiores de Lousame, en especial aquelas que vivan soas, para promover un envellecemento activo mediante a súa sociabilización e dixitalización.
Para conseguilo, Concello e Fundación organizarán catro sesións nas que lles ensinarán a manexar o teléfono móbil e os ordenadores para realizar xestións a través de Internet (pedir citas médicas ou coa Administración, banca electrónica…). Serán un total de 10 horas de formación, repartidas en catro sesións, que terán lugar a comezos de xuño. As clases terán lugar na escola do Sanguiñal, en horario de 10:00 a 12:30 horas. A participación é gratuíta, sendo preciso anotarse previamente no Departamento de Servizos Sociais de Lousame (981 820 494).
Os obradoiros contan cun simulador de caixeiro automático bancario e teléfono móbil para que, de forma práctica, as persoas maiores poidan experimentar unha aprendizaxe significativa e interiorizar as actividades propostas; tales como solicitar unha cita médica a través da APP móbil do Sergas, gardar quenda no seu centro de saúde, sacar diñeiro no caixeiro, actualizar a súa cartilla ou manexar os seus teléfonos móbiles.
Uns obradoiros prácticos e sinxelos que teñen como obxectivo final favorecer a independencia dixital das persoas maiores de Lousame, para que así poidan levar a cabo as súas tarefas diarias de maneira autónoma.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.