Licitados os traballos para mellorar as infraestruturas viarias do Polígono de Espiñeira (Boiro)

16 Maio 2023


O Concello de Boiro sacou a licitación as obras para levar a cabo a mellora das infraestruturas viarias no parque empresarial de Espiñeira. As actuacións atópanse en período de presentación de ofertas na Plataforma de Contratación do Sector Público.

O proxecto que se pretende levar a cabo ascende a 77.951, 52 euros e o obxectivo que se procura é a mellora da infraestrutura viaria no interior do parque empresarial, para o que se vai realizar o pavimentado con formigón de 1.665 metros cadrados de beirarrúas.

As actuacións contan co financiamento da Consellería de Economía, Industria e Innovación mediante unha subvención destinada á habilitación e mellora dos parques empresariais de Galicia.

As empresas interesadas en formar parte desta contratación teñen de prazo para presentar as súas ofertas ata o 31 de maio.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.