“Foguetes (que non eran de festa) e sereas de ducias de barcos encheron de sons o 1º de maio na Pobra”: Antón Luaces

02 Maio 2023

Foi como un estourido e non precísamente de xúbilo, de festa, de xoldra. Foi máis ben un berro ao aire do desespero, do pedir solucións, saída, ao problema que se enquista para dous colectivos de traballadores -bateeiros e percebeiros- que non atopan remedio ao problema  que os enfronta e ao que non pon remedio quen debe poñelo; a Consellería do Mar?, as organizacións de bateeiros?, as confrarías de pescadores?, as asociacións de percebeiros?….

Todos teñen algo que dicir. Ou moito que dicir. Pero uns optan por pagar a quen rouba a mexilla nas pedras reservadas para os percebeiros que servirán de cria de mexillón en cada unha das 500 cordas de engorde que manteñen a cada unha das máis de 3.000 bateas mexilloeiras que temos nas rías galegas, e outros berran,  cabréanse e pelexan polos seus dereitos a resgardar as pedras estipuladas pola Consellería do Mar pára a cría e engorde do,percebe.

Non é de recibo que existan bateeiros que críen mexilla de seu nas bateas propias coas que chegar a dúas ou tres producións anuais (cando o normal era unha) porque a demanda é moita, e que os 1.420 percebeiros que existen en Galicia teñan que laiarse polo roubo de mexilla que, é ben sabido, conleva a perda da cría de percebe cando este é o seu sustento

anual. Porque na pedra o mar cría mexilla, arneirón e percebe. As tres especies son necesarias para que o percebe medre e engorde. Pero os que estraen a mexilla, que saben perfectamente das dificultades de arrincar esta sen causar dano ao percebe e ao arneirón , non teñen en conta o dano que ocasionan aos seus compañeiros os percebeiros e v an polo carreiro do medio, a feito.

 Porque ninguén pode crér que os dous barcos pesqueiros que a semana pasada descargaron en Sardiñeiro (Fisterra) 800 quilos de mexilla non sabían onde a a quen ía destinada esa cría de mexillón (co máis absoluto silencio, agora mesmo, sobre tal feito) e de onde procede a mesma. 

Raspar a mexilla conleva, na maioría dos casos, raspar -arrincar- o percebe no seu primeiro estadio. E facelo a estas alturas do ano é condear aos percebeiros a pasalas “lambendo” porque non van dispor xde que vivir o resto do ano e cando hai  bateeiros que son quen de acadar ata tres producións anuais de mexillón. 

O mar galego é xeneroso, pero non tanto como para producir semente para 3.300 bateas (con a cada en súas 500 cordas de cría e engorde de mexillón) e 1.420 percebeiros (deles 900 na provincia da Coruña, onde máis enfrontamentos hai entre eles e os bateeiros). A Consellería do mar estabelece pedras “santuario” para que o percebe non se vea afectado polos que apañan mexilla, pero non se respectan as normas e logo veñen as protestas duns e doutros porque o que hai non chega para todos. E sen embargo a mexilla pode criarse en cordas nas bateas, segundo afirman os bateeiros que aseguran facelo así e que entenden as razóns que deben conducir necesariamente a unha solución. 

“Todo o mundo no sector pesqueiro e marisqueiro sabe que hai anos bós e malos; pero entre os bateeiros só se entende ir a máis na produción. Para eles no hai malos momentos, incrementando constantemente as súas vendas en España, en Italia, etc. Sempre a máis, batendo récords” , dicíame un armador, convencido de que, na concentración realizada este luns na Pobra do Caramiñal, non todos eran bateeiros convencidos da necesidade de pelexar por “limpar” as pedras de mexilla e deixar de costado a cría desta sen pensar en cordas de cría nas bateas de seu. 

Non hai dereitos sobre as pedras?.. 

A Consellería regula a súa explotación. Respectar o estabelecido é o que compre.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.