Municipais 2023: EU de Boiro presenta unha queixa ante a Valedora polo que considera unha infracción da imparcialidade en período electoral perpetrada polo PP

26 Maio 2023

Esquerda Unida de Boiro presentou unha queixa ante a Valedora do Pobo, a través do seu candidato á alcaldía Néstor Sieira, polo que ao xuízo da agrupación constituiría unha infracción do principio de imparcialidade en período electoral. EU refírese no seu escrito á presentación da candidatura do Partido Popular de Boiro nas eleccións municipais deste domingo 28, na que a actual conselleira de Política Social, Fabiola García, mostrou o seu compromiso co candidato Fernando García Diéguez de iniciar os trámites necesarios para a construción da residencia de persoas maiores “ao día seguinte de gañar as eleccións” en Boiro os populares.

Esquerda Unida tamén lembra no escrito que o dito compromiso foi recoñecido por Fernando García nunha entrevista-debate no Canal Rías Baixas, no programa Contrastes. Estes feitos foron denunciados por EU no dito debate e nas súas redes sociais, “pero ante a gravidade dos feitos procedemos a presentar unha queixa ante a Valedora do Pobo, por considerar se trata dunha actuación en período electoral da conselleira en exercicio das súas funcións, ao darse a entender aos votantes que se o candidato non resulta elixido a Xunta non exercerá as súas competencias para construír a residencia; e dunha infracción do principio de neutralidade”, indica Esquerda Unida.

EU de Boiro solicita á Valedora “que se inicie unha investigación sobre o relato e que no seu día se dite resolución pola que se formulen á conselleira as advertencias, recomendacións, recordatorios e suxestións a que se refire o artigo 32 da Lei do Valedor do Pobo de Galicia”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.