“Etapas vitais” – José Manuel Pena

02 Maio 2023

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada cal. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na maioría das ocasións, por facer uso da boa fe e o depositar a confianza en persoas que non a merecían.

A envexa, o rancor, a soberbia, a avaricia, a falta de empatía, a insolidariedade ou a ira case sempre nos acompañaron ao longo da nosa existencia. Estivemos rodeados de todos os estados de ánimo posible e destes elementos negativos que frearon o noso camiñar cara á liberdade. Sempre baixo a influencia dos nosos familiares, amigos, compañeiros e veciños en xeral. Por non querer entrar en polémica, crear malestar ou simplemente tratar de facer borrón e conta nova, fomos escravos dos demais sen poder ser nós mesmos, en demasiadas ocasións.

Agora, como nos ocorre con esas dietas de adelgazamento que nunca comezamos, queremos comprometernos a non caer nos mesmos erros, tratando de cambiar situacións, deixando ao carón a negatividade e a maldade de certas persoas así como a contorna habitual para comezar unha nova etapa vital, máis plena e comprometida co que realmente vale a pena: a humildade, a solidariedade, a valentía, a empatía, a humanidade, a alegría. Sabemos que só iso levaranos á verdadeira felicidade.

Enterremos o pasado, vivamos o presente, pensando no futuro das novas xeracións para que non teñan que botar a vista atrás para arrepentirse de certas decisións e poidan ser o máis felices posible, seguindo os ditados do corazón, deixando ao carón a cultura do consumismo, da soberbia e do egocentrismo endémico.

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.