Este venres 19 comeza a veda do polbo en toda Galicia e remata o 3 de xullo

18 Maio 2023

A veda do polbo da campaña 2023-2024 comeza este venres 19 de maio ás 16.00 horas e rematará ás 05.00 horas do vindeiro 3 de xullo. Así o establece a resolución pola que se aproba o plan experimental para a xestión do polbo con nasa, que entra en vigor este 19 e permanecerá vixente ata que se publique o plan da seguinte campaña extractiva e a correspondente veda. Porén, a Consellería do Mar explica que “malia finalizar a actividade extractiva, as capturas desembarcadas o 19 de maio poderán comercializarse tamén ao día seguinte naquelas lonxas que tradicionalmente rexistran vendas deste cefalópodo os sábados”.

Este período de descanso para a especie, en palabras da Consellería “necesario para axustar a xestión pesqueira ao seu ciclo de vida e contribuír a unha explotación máis sustentábel”, implica que “queda expresamente prohibida a captura, tenza a bordo, transbordo, desembarco, almacenamento, venda ou comercialización desta especie, por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo”. Polo tanto, a frota dedicada á captura deste cefalópodo con nasas deberá retiralas do seu calamento e levalas a porto. O tempo de veda é tamén de aplicación á pesca marítima de recreo e ás capturas con calquera outra arte distinta da nasa para polbo.

Mar engade que este ano, “froito dos contactos coas federacións de confrarías e das correspondentes avaliacións técnicas do estado do recurso”, decidiuse incrementar os topes máximos de captura fixados no plan en relación con campañas anteriores. Polo tanto, a partir do 3 de xullo a cota máxima da especie será de 35 quilogramos por barco e día, á que se lle engaden 35 quilos diarios por cada tripulante enrolado e a bordo, ata un máximo de 240 quilogramos por xornada. No resto da campaña a cota máxima será de 55 quilos por embarcación e día, aos que se lle engaden outros 55 por cada tripulante enrolado e a bordo, ata un máximo de 350 quilos por xornada de traballo.

Este plan tamén establece por primeira vez a posibilidade de substituír as cotas máximas diarias de captura e desembarco por topes semanais en función da evolución da campaña e atendendo a circunstancias que o xustifiquen debidamente, unha medida de carácter temporal que permanecerá vixente unicamente mentres duren as causas que a motivaron. 

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.