Este sábado celébrase a “II Cea Benéfica Xunta Local AECC Porto do Son

31 Maio 2023

A Xunta Local de Porto do Son da AECC – Asociación Española Contra o Cancro, presidida por María
José Torres Calo, organiza este sábado 3 de xuño a II Gala Benéfica coa finalidade de recadar fondos que contribúan á investigación para a mellora na calidade de vida e a erradicación da enfermidade.

Co cartel de completo desde os primeiros días da súa posta en marcha na promoción do evento, 250 comensais gozarán dunha velada extraordinaria actuando como anfitrión o Real Club Náutico Portosín, colaborando o seu servizo de restauración O Miradoiro, xestionado por M&S Eventos Hostalería, e que tamén contará coa actuación de Bea a de Estrela, que achega o seu mellor música de maneta altruísta en prol da causa común da AECC de Porto do Son.

O Concello de Porto do Son é outro dos benefactores, sensible tamén á causa e participando da cea que contará coa presenza do seu alcalde en funcións, Luis Oujo, e boa parte da súa Corporación municipal.

O animador principal será o televisivo Juan Fuentes, presentador na TVG da revista de tarde Quen anda aí, quen xa conduciu con éxito a primeira edición da Gala Benéfica en 2019.

“A mensaxe que me gustaría trasladar é de que, entre todos, co noso gran de area, axudaremos á investigación na loita contra o cancro, logrando coa nosa achega que esta enfermidade vaia a menos”,
comentaba Torres Calo.

Ao longo da noite poñeranse á venda 2.500 rifas por un importe simbólico de 1€ a unidade, dispoñendo tamén a Xunta Local de Porto do Son da AECC dunha Fila Cero, na que poderá facer un donativo no número de conta ES54 00490007232612124606.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...