Municipais 2023: Esquerda Unida presenta un proxecto de humanización de Agramuíña (Escarabote)

23 Maio 2023


Esquerda Unida presentou o pasado domingo en Escarabote (Boiro) o seu proxecto para a mellora e humanización do entorno de Agramuíña. Coa axuda dunhas imaxes do proxecto deseñado pola organización liderada por Néstor Sieira, Luís Alonso, integrante da candidatura e veciño da parroquia de Lampón, explicou as liñas xerais da rehabilitación integral de Agramuíña.

A proposta de Esquerda Unida basease na humanización da fachada marítima do peirao de Escarabote, aumentando a zona para as persoas, limitando o tráfico e dotando a contorna con árbores, bancos e zonas de lecer familiar.

O proxecto inclúe a recuperación do edificio da conserva para a cidadanía, co fin de que poida ser utilizado para usos múltiples como pistas para a práctica do deporte, espazos de lecer ou un museo do mar. Segundo lembraron dende a organización de esquerdas, o devandito “dependerá sempre das preferencias e necesidades das veciñas e dos veciños de Escarabote”.

Por último, durante o encontro se presentaron outras medidas para a parroquia de Lampón como unha senda fluvial dende a zona do lavadoiro ata a Madalena ou o arranxo e rehabilitación do camiño ata o colexio público de Escarabote.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...