Municipais 2023: Esquerda Unida presenta en Cabo de Cruz o seu programa, cun forte protagonismo das políticas para favorecer o acceso á vivenda

21 Maio 2023


Esquerda Unida de Boiro presentou as súas propostas locais en Cabo de Cruz, Boiro. Nun mitin celebrado na Abadía de San Enrique, EU tivo a oportunidade de dirixirse á veciñanza da parroquia do Castro para explicarlle o seu programa de goberno. Ao longo de 50 minutos, integrantes da candidatura como Mari Patiño, Javier Alonso e María Duro explicaron os puntos clave do programa transformador da organización de esquerdas. Políticas sociais e de vivenda, un urbanismo centrado nas persoas e na mobilidade universal e a dotación de todos os servizos públicos para o rural foron as medidas destacadas polas integrantes da candidatura.

O mitin de Cabo de Cruz contou coa presencia de Eva Solla, coordinadora Nacional de Esquerda Unida e deputada do Parlamento de Galicia entre 2012 e 2020. Durante a súa intervención Solla centrou o seu discurso nas posibilidades transformadoras da política municipal e na proposta de Esquerda Unida para
mellorar a vida das familias traballadoras.

O encontro pechouno Néstor Sieira, candidato de Esquerda Unida á alcaldía de Boiro. Sieira debullou nos seus detalles a aposta da súa candidatura polos orzamentos participativos, “para que sexa a veciñanza de Boiro as protagonistas da política local”, dixo. Tamén se centrou na vivenda pública e nas políticas públicas. Por último, analizou algunhas das obras que o partido de esquerdas ten para o pobo de Cabo de Cruz, como a humanización do litoral, a recuperación do entorno das naves de o Chazo ou Curbera e o compromiso coa veciñanza na súa loita para que no Monte de O Chazo non se instale ningunha actividade económica de carácter privado.

Outros artigos

Presentados os novos párrocos no Barbanza

Este domingo o arcebispo de Santiago procedeu a presentar ós novos párrocos e moderadores das parroquias do Araño, Isorna, Taragoña, Fruime, Boiro, Abanqueiro, Bealo, Cabo de Cruz, Cespón , Cures e Macenda. O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco...

+

Boiro pecha de maneira preventiva a captación de auga de Cubelo

O Concello de Boiro tivo que cortar a captación de auga da zona de Cubelo ante a aparición dunha vaca morta nas inmediacións dun pequeno río que presta subministración á rede do municipio. Ao respecto o concello fixo pública esta tarde unha nota na que que indica que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O medo fala. Consecuencias” – Manuel Domínguez

“O medo fala. Consecuencias” – Manuel Domínguez

O 26 de febreiro publicaba neste mesmo medio, sobre a ameaza de Donald Trump e as súas consecuencias, podería parecer unha opinión, pero non, non, está baseada en feitos. En ano 2004 cando os países bálticos liberáronse das garras comunistas das URSS e pasou a...