Especial Municipais 2023: 84.411 votantes elixen 133 concelleiros en nove municipios. Candidaturas e datos históricos

27 Maio 2023

Trinta e oito candidaturas para elixir 133 concelleiros en nove municipios. Segue a xornada electoral en “obarbanza.gal”

En total 38 listas electorais presentáronse para participar nas Eleccións Municipais do 28 de maio ós 9 concellos da comarca.

As listas publicadas no Diario Oficial da Provincia para os concellos da comarca, varían segundo os concellos desde a máis numerosa con sete en Ribeira a 3 en varios municipios. Soamente o PP de G, PSdeG-PSoe e o BNG presentan candidaturas en todolos concellos.

CANDIDATURAS E DATOS ESTADÍSTICOS HISTÓRICOS DOS CONCELLOS DA COMARCA

O Concello de Ribeira ten 21.674 votantes. Sete partidos elixen 21 concelleiros entre as candidaturas de PP de G, PBBI, Ps de G -Psoe, BNG, Iniciativa Progresista de Riveira e Vox.

Resultados Eleccións Municipais 2019-2015

___________________

A Pobra do Caramiñal conta con 7.807 votantes que elixen 13 concelleiros entre cinco partidos: BNG, Psde G-Psoe, PP de G e Veciñxs Independente da Pobra.

Resultados Eleccións Municipais 2019-2015

___________________

Boiro: con 15.652 votantes elixen 17 concelleiros entre seis partidos: PsdeG-Psoe, PPdeG, IC Boiro, Boiro Novo e Esquerda Unida.

Resultados Eleccións Municipais 2019-2015

___________________

Rianxo ten 9.282 votantes que elixen 17 concelleiros entre catro partidos: BNG, PPdeG, Psde -G-Pos e Rianxo en Común.

Resultados Eleccións Municipais 2019-2015

___________________

Dodro ten 2.305 votantes, elixen 11 concelleiros entre cinco partidos: PSdeG-Psoe, UVD, PPdeG, BNG, e Xente de Dodro.

Resultados Eleccións Municipais 2019-2015

___________________

Porto do Son conta con 7.729 votantes que elixen 13 concelleiros entre catro formacións: PP deG, PsdeG-Psoe, BNG e Compromiso x Galicia.

Resultados Eleccións Municipais 2019-2015

___________________

Noia ten 11.822 votantes, que elixen 17 concelleiros entre cinco formacións: PPde G, Psde G-Psoe, NO.I.A. Marea Cidadá de Noia, BNG e NO.I.A.

Resultados Eleccións Municipais 2019-2015

___________________

Outes con 5.379 votantes, elixen 13 concelleiros entre catro partidos: Compromiso Outes, PP de G, BNG e PsdeG-PSoe.

Resultados Eleccións Municipais 2019-2015

___________________

Lousame con 2.761 votantes, elixen 11 concelleiros entre tres formacións: PP de G. PSdeG-Psoe, BNG)

Resultados Eleccións Municipais 2019-2015

Xunta Electoral da Demarcación de Noia (listas)

Xunta Electoral da Demarcación de Santiago (Listas)

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...