En marcha a renovación con firme anti-deslizante do pavimento do carril bici nos paseos do Malecón e As Carolinas (Ribeira)

19 Maio 2023

O Concello de Ribeira informa de que están en marcha os traballos dirixidos a aplicar unha nova solución antideslizante no carril bici do paseo do Malecón e Carolinas. A renovación estase a facer mediante un tratamento a base de morteiro de slurry en cor verde, o que permitirá ademais distinguilo da zona peonil.

“Desta maneira o espazo reservado ao tránsito de bicicletas estará perfectamente diferenciado das zonas de uso peonil, como establecen as recomendacións existentes en materia de accesibilidade, ao tempo que se reforza a seguridade viaria”, informou o Concello.

A actuación, que abrangue unha superficie de 3.013 metros cadrados, foi adxudicada á empresa Rinol Rocland Suesco, SL.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.