Eleccións Municipais 2023: Barral comprométese desde Corrubedo a traballar para termos persoal sanitario suficiente nos centros de saúde

25 Maio 2023

Novamente o BNG de Ribeira sumouse ás mobilizacións da veciñanza de Corrubedo, como cada xoves, para esixir que a Consellaría de Sanidade dote de persoal médico e recursos suficientes o centro de saúde da parroquia.

Os nacionalistas, a través do candidato á alcaldía Luís Pérez Barral, aseguran que “o deterioro que sofre a Atención Primaria en Ribeira está motivado pola precariedade laboral que padece o persoal sanitario e por culpa dos recortes orzamentarios aplicados polo Goberno galego”. Esta situación, din, “provoca falta de profesionais, listaxes de agarda para acudir a unha cita médica e unha atención de peor calidade”.

O candidato á alcaldía Luís Pérez, acompañado de Cruz Rivadulla, José Sanmiguel e Rafael Pazos, comprometeuse dende a vila de Corrubedo “a defender os dereitos da veciñanza a ter profesionais sanitarios suficientes e a tempo completo”.

E engadiron: “Faremos todo o que estea nas nosas mans para que Goberno galego entenda que debe cubrir as prazas e garantir a calidade asistencial á poboación tendo o mesmo médico tódolos días da semana”.

Outros artigos

Incendio nunha vivenda na parroquia de Artes, no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro  foron alertados esta mañá dun incendio que afectou a unha vivenda na parroquia de Artes, no concello de Ribeira. O foco inicial do lume foi iniciado dun deshumificador que ardeu e afectou a unha habitación,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...