
A lexislación laboral, no noso país, evolucionou moi intensamente nos últimos anos, en beneficio e para a protección dos traballadores por conta allea, blindando certos dereitos laborais.
A pesar de todo, as infraccións e abusos laborais continúan sendo frecuentes en certas empresas. Prácticas habituais como que persoas contratadas a tempo parcial, a media xornada, e os empregados traballando máis de dez horas ao día. Traballadores que non coñecen o que é gozar dunhas vacacións retribuídas, levando máis de dez anos na mesma empresa.
Por outra banda, malia que as empresas estean obrigadas a ingresar os salarios mensuais, a través da conta bancaria, aínda se producen irregularidades á hora de asinar as follas de salarios por uns importes superiores aos que realmente perciben. Sen esquecernos de que continúan asinando a liquidación, en caso de liquidación ou despedimento improcedente, sen comprobar que as cantidades económicas son as que legalmente lles corresponden.



