Dende este 1 de xuño os clientes dos establecementos de Boiro xa poden conseguir a neveira de praia da ABE

31 Maio 2023

Xa están en marcha o Puntazo ABE, a campaña que debuta no programa de actividades da Asociación Boirense de Empresarios e está vinculada ao seu sistema de fidelización por puntos. Asi, dende este 1 de xuño, os clientes que conten con 50 puntos acumulados polo rexistro de tíckets na web da ABE xa poden utilizalos para conseguir “un agasallo exclusivo”, que é, segundo explica a patronal, “unha estupenda neveira de praia encartábel de 16 litros con bandexa incorporada”. Para solicitar a neveira hai que realizar a petición mediante o formulario que se atopa na web da ABE, e tras comprobar que o saldo é correcto, iranse entregando por orde de petición ata esgotar as 50 unidades dispoñíbeis.

Sorteo en redes

Durante as dúas últimas semanas realizouse un sorteo nas redes sociais da ABE no que o premio era unha das devanditas neveiras acompañada dun friameira con cubertos e unha botella a xogo. A gañadora resultou ser Sara Sánchez.

Para participar soamente se pedía realizar un comentario na publicación e foron mais de 600 os recibidos o que supón un novo récord nos sorteos en redes da ABE.

A patronal lembra que ademais do premio especial do Puntazo de verán os puntos pódense trocar por vales de compra (100 puntos por 5€) ou por premios como maletas, carros da compra, auriculares bluetooth, cargadores sen fíos, etc. Na web da ABE (www.abe.gal) están dispoñíbeis o catálogo, a aplicación para rexistrar os tíckets e o formulario para pedir o cambio de puntos por premios.

Esta campaña conta con financiamento da Xunta de Galicia.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.