Comezan os labores de renovación das liñas de auga potable e pluviais na Ameixida para dar solución ás avarías en Castiñeiras

04 Maio 2023

Trátase dunha intervención moi agardada pola veciñanza moi esperada pola veciñanza pois vai permitir dar solución ás avarías que con relativa frecuencia se producen nalgúns puntos da parroquia de Castiñeiras ao romper a actual tubaxe de fibrocemento.

Para alcanzar este obxectivo estanse a substituír as tubaxes existentes por outras tres: unha de PVC de alta densidade e 160 mm. de diámetro na marxe dereita; outra de polletileno de alta densidade de 0,75 mm. de diámetro, na marxe esquerda; e unha última de PVC 0 125 mm de diámetro, nun cruce, para o cal será necesario a instalación de maquinaria para perforación horizontal dirixida.

No relativo á rede de pluviais, dispoñerase pola beirarrúa da marxe dereita da estrada un colector de PVC corrugado SN-8 de 315 mm e construiranse arquetas sumidoiro e pozos de rexistro de formigón
prefabricado.

Os pavimentos de ambas as marxes da estrada serán renovados, cunha subbase de zahorra e unha capa de acabado de mestura bituminosa en quente. As beirarrúas repoñeranse co mesmo pavimento (baldosa hidráulica). Da actuación estase a facer cargo na empresa Excavaciones Nima, S.L.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.