Boiro acolle o Campionato Galego clubs 3×3 que organiza o Club de Baloncesto Santa Baia

04 Maio 2023

O Concello de Boiro colabora co Club de Baloncesto Santa Baia e a Federación Galega de Baloncesto na organización do Campionato Galego 3×3 na categoría U17. Na presentación, celebrada na tarde deste mércores 3 de maio, participaron a concelleira de Deportes, Dores Torrado; o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez; o presidente do Club de Baloncesto Santa Baia, Francisco Alonso; e o director deportivo do club, Guillermo Outeiral.

Segundo explicaron, a proba terá lugar o vindeiro mércores 17 de maio no pavillón do CEIP Santa Baia e nela van participar 13 equipos masculinos e 5 femininos procedentes de todo Galicia. “Tratase dunha modalidade moi dinámica e atractiva, que se xoga a media pista e con so unha canastra e que vai servir para dar unha maior visibilidade ao deporte do baloncesto no noso municipio”, afirmou o director deportivo, Guillermo Outeiral.

O 3×3, engadiron, caracterízase por ser partidos de 10 minutos e cun so tempo morto por xogo e no que non hai adestrador. “Esta competición é unha das primeiras deste modelo competitivo e que vai ser o futuro do baloncesto polo seu atractivo e a autoxestión do xogo”, afirmou o presidente da Federación Julio Bernárdez.

A concelleira de Deportes, Dores Torrado, agradeceu o traballo que tanto o Club de Baloncesto Santa Baia como a Federación Galega de Baloncesto están a facer no deporte de base e en inculcar valores como a educación e o respecto e, concretamente, no apoio a esta modalidade “que está a ser un referente para os rapaces e rapazas que se inician no baloncesto no noso concello”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.