“As mulleres do sector marítimo teñen o seu día”. Antón Luaces

19 Maio 2023

O empoderamento da muller na comunidade marítima é o lema da Organización Marítima Internacional (OMI) e o obxectivo dun colectivo que, no mundo enteiro, está integrado por 24.059 mulleres (o 1,2% da man de obra marítima mundial).

Por este motivo, celebróuse este xoves -por segundo ano consecutivo-  O Día Internacional das Mulleres do Sector Marítimo, coa intención de dar unha maior visibilidade da muller neste sector xerando ou motivando as redes para a igualdade de xénero.

Deste xeito, procúrase a contratación, permanencia e emprego das mulleres nun sector da produción -o marítimo- que pouco, por non dicir nada, atendeu as necesidades neste eido das profesionais do mar, cada vez con maior presencia nas escolas da Mariña Civil e Náutico-Pesqueiras pero cunha mínima resposta de continuidade nos seus postos de traballo como se pode comprobar por algo tan sinxelo como é a constante muda a outros sectores produtivos.

Entre o xoves e este venres (18 y 19 de maio) a sede da OMI convértese  no lugar no que se coñecerán e tratarán as cuestións que afectan á muller do sector marítimo, cunha exposición do camiño ata o de agora percorrido neste eido por parte de oito asociacións rexionais destas traballadoras no sector marítimo da OMI e o poder da colaboración para un futuro marítimo sostible. Abordan asimesmo o papel dos homes como aliados para a igoaldade de xénero e os paneis “Romper o teito de cristal” e “WIMÁS. IMOGENder e WISTA International oportunidades futuras de cooperación transversal”. Hai tamén unha sesión para as SIMA sobre o aumento da visibilidade das redes sociais e os sitios web públicos.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.