As big bands centrarán parte das accións formativas do Festival Noites de Jazz de Rianxo

15 Maio 2023

A vertente formativa do Festival Noites de Jazz 2023 (Rianxo), organizada polo Concello de Rianxo coa colaboración da Escola de Música de Rianxo (ao abeiro da convocatoria de Festivais da Deputación da Coruña), centrarase este ano, entre outros ámbitos, na tradición dos grandes conxuntos de jazz, o que se coñece como big bands. As sesións desenvolveranse na Escola de Música de Rianxo, os martes e xoves de xullo, de 10:00 a 14:00.

Caracterizada como a formación insignia da música jazz,” a big band representa non só un esforzo musical maiúsculo, senón a espectacularidade que este tipo de música desenvolveu sobre todo nos anos 30 e 40, de forma que para moita xente Jazz e gran banda jazzística son case sinónimos”, explican dende a organización, engadindo que o curso reserva un 50% de prazas para mulleres e centrarase en clases teórico-prácticas que achegarán no só os diversos contidos técnicos que esixe a interpretación (e a improvisación) neste tipo de formacións, senón tamén obrigadas referencias a contextos históricos (con especial referencia á desigualdade de xénero e aos marcos de pobreza e exclusión social que caracterizaron o nacemento do jazz e que tamén eran propios das big bands), músicos, temas, etc.

O remate do curso será, precisamente, o concerto inaugural das veladas nocturnas do Festival, que será o mércores 2 de agosto.

Como dixemos, as sesións desenvolveranse na sede da Escola de Música de Rianxo (rúa Rinlo), os martes e xoves de 10:00 a 14:00 horas, baixo a dirección e docencia de Alfredo Susavila (director da sección de Jazz da Escola de Música de Rianxo) e a docencia tamén de Bernal Muíños (membro do Cuarteto TbA).

Máis información en escolademusicarianxo@gmail.com e no telf 671058555

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.