As Bestas proxéctase este sábado en Boiro

22 Maio 2023

Este sábado 27 de maio prosegue en Boiro o protagonismo do audiovisual, poñendo o foco no mellorciño das colleitas máis recentes. Así, logo do completo menú do festival Olloboi proxectarase na Casa da Cultura de Boiro, o sábado 27 a partir das 20.00 horas, o filme As Bestas de Rodrigo Sorogoyen, un dos máis grandes e históricos hits do cinema galego (de público e de crítica). As entradas están dispoñíbeis en liña e tamén, na billeteira da Casa da Cultura dende unha hora antes da proxección.

El actor Diego Anido en ‘As Bestas’

O filme As Bestas está protagonizado por Denis Ménochet, Marina Foïs, Luis Zahera e Diego Anido. Está ambientado en Galicia e foi rodado en galego, francés e castelán. Inspirado nos feitos reais que lles ocorreron a unha parella neerlandesa en Santoalla, o filme conta a historia dunha parella francesa (Ménochet e Foïs) asentada no campo galego, e, segundo explica a Galipedia, “explora cuestións de xenofobia e a escalada na hostilidade entre veciños impulsada por un conflito por un proxecto de parques eólicos”.

Estreouse internacionalmente na 75ª edición do Festival de Cannes o 26 de maio de 2022, e tamén se proxectou nos festivais de Donostia, Toquio e Chicago. Estreouse nos cinemas de Francia o 20 de xullo de 2022 e nos de España o 11 de novembro de 2022.

As bestas conseguiu 17 nomeamentos na 37ª edición dos Premios Goya, e gañou en 9 categorías, incluíndo mellor filme, director, guión orixinal, actor (Ménochet) e actor secundario (Zahera).

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.