Ángeles Vázquez visitou a antiga fábrica de salgadura Legarda (en Muros), co fin de afondar na súa posíbel recuperación

08 Maio 2023

A Consellería de Medio Ambiente anunciou este luns 8 de maio que vai actualizar o catálogo de bens en servidume de protección de Dominio Público Marítimo Terrestre para “outorgar maior seguridade xurídica á recuperación do patrimonio construído ao abeiro do proxecto de lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, cuxa aprobación por parte do Parlamento está prevista para este ano”. Así se expresou na mañá deste luns a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita a unha antiga fábrica de salgadura en Muros, na compaña da alcaldesa muradá Inés Monteagudo.

Segundo dixo Vázquez, o obxectivo da medida é “elaborar un catálogo máis ambicioso, actualizado e adaptado ao disposto na nova normativa para que as edificacións localizadas no litoral galego teñan moitas máis facilidades para poder realizar unha intervención que lles devolva a vida, que poña en valor o noso patrimonio e que evite que estes inmobles sigan deteriorándose e sen ningunha función”.

A conselleira lembrou que en 2021 a Xunta presentou un primeiro catálogo que recollía 361 bens con valor ambiental, patrimonial ou arquitectónico localizados en servidume de protección de DPMT, que agora será actualizado en base á nova lei, que inclúe como unha das súas principais novidades a identificación de actuacións estratéxicas, entre as que figura, precisamente, a recuperación do patrimonio cultural.

Logo de agradecer a colaboración da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL) neste eido, Ángeles Vázquez explicou que o Goberno galego pretende que e”ste catálogo sexa unha ferramenta útil e consensuada de cara á posta en valor das edificacións no litoral que están en desuso na actualidade”.

Precisamente a antiga fábrica de salgadura da familia Legarda, que visitou a conselleira é un dos inmóbeis que podería ter un novo uso. Foi construída en 1916 e estivo en funcionamento ata os anos 80. A fábrica de conservas orixinariamente tiña unha parte central, que estaba dividida en catro pavillóns ocupando unha superficie de 2.080 m2 e entrada polo sur. Posuía, ademais, unhas vivendas para o encargado e propietarios pola banda noroeste. A zona de salgadura, que era unha actividade secundaria na fábrica, estaba en cesión administrativa e tiña uns 670 m2, onde estaban as pías de cemento para salgar sardiña

Outros artigos

Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...

+

Este sábado celébrase o Día da Bicicleta en Esteiro

Este sábado 19 de setembro a Área Recreativa do Artón en Esteiro acolle o Día da Bicicleta, organizada pola Asociación Os Salta Rejos de Esteiro coa colaboración do Concello de Muros. As actividades comezarán ás 10:30 horas cunha xincana. Ás 11:30 horas ruta ata...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.