Ambar celebra o Día das Familias no Pazo de Goiáns 

20 Maio 2023

O Pazo de Goiáns de Boiro foi hoxe o escenario para a celebración do Día Internacional das
Familias organizado pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional.
A xornada foi durante a mañá deste sábado dende as 10:30h ata ás 13:30h. Desfrutaron da
celebración persoas usuarias, acompañadas das súas familias e de persoas profesionais da
Asociación Ambar.
O evento comezou dunha forma moi especial e simbólica. Richi, Toni e Carmen, persoas usuarias
de Ambar, plantaron unha figueira no terreo do pazo, en representación de toda a familia Ambar,
acompañados de Milagros Rey, presidenta da Asociación e Raúl Treus, representado ao Concello
de Boiro. A continuación realizouse unha visita guiada ao Pazo.
O evento rematou co discurso de Helena Teira, coordinadora xeral da entidade quen falou sobre a
prosposta de valor de Ambar. “Queremos traballar para que as persoas con diversidade estean na
comunidade, en todos os ámbitos nos que estamos as persoas, comezando pola vivenda, pasando
pola escola e seguíndolle no ámbito laboral” expuxo Teira. Logo deu paso a un vídeo resumo dos
bos momentos compartidos entre as persoas da Asociación durante o 2022. Ao finalizar a
proxección todas as familias desfrutaron xuntas duns pinchos para poñer o peche a unha
agradable xornada de celebración.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...