Alumnado de cinco países intercambia experiencias co IES da Pobra ao abeiro do Erasmus+

12 Maio 2023


O IES da Pobra do Caramiñal converteuse nestes días en anfitrión dunha nova delegación de visitantes
ao abeiro do proxecto Erasmus+. Nesta ocasión, desprazouse á localidade un grupo de trinta persoas, entre alumnado e profesorado, procedentes de Portugal, Italia, Turquía, Romanía e Finlandia. Trátase da
terceira recepción do actual curso escolar despois da República Checa e Hungría.
Dentro da liña estratéxica de Healthy Outcomes of Probiotic Education (HOPE), durante toda a semana afondaron no eido da alimentación a través de distintas charlas e actividades, ademais do intercambio cultural que posibilita esta experiencia para a rapazada.
De feito, na mañá deste 12 de maio coñeceron o Museo Valle-Inclán nunha visita comentada para despois asistiren ao teatro cine Elma e procederen co resto de citas programadas para esta xornada. Ata alí desprazouse o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, para manter un encontro coas persoas que toman parte deste proxecto e que regresan aos seus países de orixe nesta fin de semana.
“Agardo que tivésedes unha grande estancia na localidade cuns anfitrións marabillosos e desfrutásedes da nosa cultura, paisaxe, gastronomía e, o máis importante, a nosa xente”, manifestou o rexedor, quen fixo fincapé na influencia positiva que ten este tipo de experiencias no desenvolvemento persoal e educativo da mocidade e, neste senso, felicitou o instituto pobrense polo seu arduo traballo.
En representación deste, o seu director, Alejandro Bobillo, amosouse satisfeito por seguir participando neste tipo de iniciativas que contribúen a estreitar lazos entre distintas nacións para así construír unha Europa en conxunto. A este respecto tamén se referiron Alois Weimer e Serafino Lo Cascio, no nome das institucións educativas de Finlandia e Italia, respectivamente. Ambos avogaron pola fraternidade e construír pontes para o entendemento.
Unha vez finalizada a quenda de intervencións, tocou desfrutar da música da man de Clara Pino e Pablo Vidal e seguir aprendendo sobre nutrición.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...