Abertas dilixencias xudiciais contra a empresa que explota a mina de San Finx

16 Maio 2023

O Xulgado de instrución de Noia ven de abrir dilixencias penais contra Tungsten San Finx, filial da empresa australiana Pivotal Metals, así como contra os seus administradores, Steven Turner e Susana García, por un presunto delito contra o medio ambiente e os recursos naturais.
O inicio deste proceso parte da denuncia presentada polos patróns maiores das Confrarías de Noia e de Portosín, Santiago Cruz e Isaac Gaciño, respectivamente, na que se incluía evidencia da contaminación que está provocando a explotación mineira situada en Lousame.

A denuncia incorporaba analíticas coas que se demostra a presenza no río de metais pesados procedentes dos vertidos ilegais realizados pola mineira e tamén vídeos e imaxes nos que se observa claramente o punto no que os vertidos se incorporan ao cauce. Para as Cofradías denunciantes, a situación actual é só unha mostra do que podería acontecer a unha escala moito maior no caso de que se leve adiante o baleirado das plantas inundadas, pois isto suporía duplicar o caudal do río cunha inxección de case 1000 millóns de litros por ano.
No seu escrito as confrarías tamén demostraron como entre 2017 e 2020 a mina bombeou ilegalmente augas contaminadas da quinta planta da mina, escavada sen autorización e que non figuraba no proxecto de explotación. Esta operación ilegal foi financiada a cargo dun proxecto europeo co que se pagou durante varios anos o salario do director da explotación mineira responsable polos vertidos realizados.
-Novos frentes xudiciais en marcha Mentres continúan as mobilizacións na rúa, con convocatorias ante os distintos plenos da comarca, multiplícanse as accións xudiciais coas que se pretende protexer a ría dunha catástrofe ambiental anunciada. Ademais das dilixencias penais contra a empresa en Noia, o Xulgado de Santiago iniciou outro procedemento contra os funcionarios e altos cargos de Augas de Galicia responsables pola resolución de vertido concedida o pasado mes de febreiro.
A isto súmanse outros dous procedementos xudiciais contra funcionarios e altos cargos do
departamento de minas a raíz da situación irregular da propia mina.
Ademais, as confrarías anunciaron que presentarán esta mesma semana unha demanda contra a autorización de vertido ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, unha vez que a Xunta non deu resposta ao recurso de alzada presentado por unha ducia de entidades a pesar da súa obriga de resolvelo en tres meses.
Tamén o pasado luns o colectivo Ecoloxistas en Acción e a Fundación Montescola presentaron unha demanda pedindo, en todos os casos, medidas cautelares para que o Tribunal paralice os vertidos antes de que estes causen un dano grave.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.