Abertas as inscricións para o Campus Obradoiro JEALSA que se vai desenvolver en Boiro entre o 26 e o 30 de xuño

31 Maio 2023

O Concello de Boiro colabora na décima edición do Campus Obradoiro JEALSA, que se vai desenvolver do 26 ao 30 de xuño de 2023. Na presentación da actividade, celebrada este mércores 31 de maio, participaron a concelleira de Deportes, Dores Torrado; o director de mercadotecnia de Monbus Obradoiro, Daniel Agra; a directora de relacións institucionais de JEALSA, Margarita Hermo; o director do campus, Denis Pombal; o membro do Club de Baloncesto Santa Baia, Guillermo Outeiral; e o adestrador do Obradoiro, Gonzalo Rodríguez.

Segundo explicaron, esta actividade está destinada a rapaces e rapazas de entre 6 e 18 anos e vaise desenvolver nos pavillóns de Barraña, A Cachada, Santa Baia e Praia Xardín.

“O campus xera cada vez maior interese e vaise desenvolver con adestradores do Club Santa Baia e tamén con adestradores do Obradoiro”, afirmou Denis Pombal.

Guillermo Outeiral agradeceu ao Obradoiro “por pensar unha ves máis en Boiro para desenvolver este campus” que “é unha experiencia para que os rapaces poidan aprender de adestradores profesionais”.

Pola súa parte o adestrador do Obradoiro, Gonzalo Rodríguez, afirmou que se trata dunha oportunidade “non só de xogar ao baloncesto, senón de convivir e aprender de outras escolas e formas de adestrar”.

Daniel Agra agradeceu o apoio do Concello e de JEALSA pola súa colaboración nesta e nas anteriores edicións do campus “que se desenvolverá tamén en outras zonas de Galicia para dar oportunidade a mais rapaces e rapazas de ter contacto co baloncesto”.

Margarita Hermo, pola súa banda, afirmou que “é un orgullo que un equipo de primeira división leve a cabo en Boiro este campus, xa que o deporte axuda a crear uns valores que fan sociedades mellores”.

Pola súa parte, Dores Torrado, falou da importancia deste campus para que “os nosos nenos e nenas teñan referentes nun equipo de primeira división”.

Prezos

O campus ten un prezo de 135 euros para a actividade; 250 euros para aquelas persoas que escollan a modalidade de actividade e comida; e de 235 euros para actividade, transporte e comida. Ademais haberá descontos para persoas federadas en baloncesto ou abonadas do Obradoiro; persoas amigas da Fundación Obradoiro, Santa Baia ou JEALSA e Xogadores da canteira CAB ou segundos irmáns.

O campus vaise desenvolver entre o 26 e o 30 de xuño en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.45 horas. As inscricións están abertas dende este 31 de maio e deben facerse cubrindo a ficha de inscrición dispoñíbel na web municipal e aboando a matricula.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.