Este domingo 7 de Maio o Concello de Outes vai celebrar un Vermú Literario que contará coa presenza dunha das grandes promesas das nosas letras: o outense Abel Tomé, que presentará o seu novo libro Liliam Strawberry e o paxaro da morte. Tamén está previsto que participen Ramón Blanco (escritor e poeta) e Manolo González, alcalde de Outes. A cita será na cafetería da Casa da Cultura, este domingo ás 12.00 horas.
Abel Tomé nado en Outes en 1984, é un xornalista e escritor en lingua galega.
En 2017 quedou finalista do Premio Illa Nova de Narrativa con A noite do corvo, que foi traducido ao inglés polo tradutor Jonathan Dunne.
En 2019 gañou o mesmo premio con A noite do lobo, na que o xurado destacou que “o autor emprega unha prosa dinámica, contida, na que nada sobra e coa que logra construír imaxes contundentes”.
En 2022 quedou finalista do Premio Merlín con Liliam Strawberry e o paxaro da morte.




