A Xunta aproba unha depuradora en Lousame e a execución dunha rede de saneamento

19 Maio 2023

O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura do convenio de colaboración co Concello de Lousame para a execución dunha rede de saneamento e dunha estación depuradora de augas residuais cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros. A Xunta, a través de Augas de Galicia, achegará o 80% do orzamento, máis de 887.000 €; e o Concello o 20% restante, algo máis de 221.000 €.
A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, amosou a súa satisfacción “polo compromiso con Lousame amosado unha vez máis pola Xunta de Galicia, e nomeadamente Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, quen xa en xaneiro de 2022 atendeu a nosa petición e encargou este proxecto tan importante para dar servizo aos veciños e veciñas”. Así, destacou a rapidez coa que actuou o Goberno galego, toda vez que o proxecto foi aprobado polo Pleno municipal de Lousame o pasado 12 de maio cos votos a favor dos grupos municipais do PP e BNG e a abstención do PSOE.
O obxectivo destas actuacións é dar servizo aos lugares de Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns e A Costa, pertencentes á parroquia de San Xoán de Lousame, que non contan na actualidade cun sistema de depuración axeitado. A maiores, a nova depuradora dará servizo ao CPI Cernadas de Castro e a dúas instalacións deportivas municipais como a piscina e o polideportivo Pilar Barreiro Senra.
Obras
O proxecto contempla a execución dunha rede de saneamento para recoller as augas residuais destes núcleos e conducilas cara a unha nova estación depuradora, que se construirá na zona do rego Pesqueira, nunha parcela proposta polo Concello na contorna da Roucheira. A nova depuradora contará con elementos de pretratamento, decantación primaria, biodiscos, decantación secundaria, medida de caudal de auga tratada ou un bypass que permitirá o alivio na arqueta de entrada.

En canto á rede de saneamento, construirase dun colector na marxe esquerda da vía provincial DP-4201, na intersección de Cruído, e outro na zona do campo de fútbol da Silva. Ademais, executarase un pozo de bombeo na Costa, que recollerá as augas residuais de Berrimes, As Quintáns e A Costa e impulsándoas ata o colector, para logo levalas á depuradora. Estas actuacións beneficiarán a preto de 400 habitantes equivalentes destes núcleos de poboación do municipio de Lousame (sen contar os 400 alumnos e alumnas do colexio e ás persoas usuarias das instalacións deportivas municipais).

Dará servizo aos lugares de Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns e A Costa, así como ás instalacións do CPI Cernadas de Castro e o polideportivo e piscina municipais

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...