A Pobra dispón de tres prazas para os Campamentos Deportivos de Verán provinciais

10 Maio 2023

A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal participa no programa dos Campamentos Deportivos para o verán deste 2023 impulsados pola Deputación da Coruña. Desenvolverase no IES Rosalía Mera, na cidade herculina, e está dirixido á rapazada de toda a provincia entre os 9 e os 14 anos xa feitos.

Á Pobra concedéronlle tres prazas correspondentes coa terceira quenda, que transcorrerá do día 16 ao 21 de xullo para rapaces e rapazas empadroados/as no concello.

O documento de inscrición xa está ao dispor en www.apobra.gal. Deberase entregar debidamente cuberto no rexistro do Concello. O prazo de presentación estenderase do día 10 de maio ao 7 de xuño.

Terá preferencia quen non tomase parte en ningunha campaña de verán previa da institución provincial. No caso de recibir máis solicitudes ca prazas concedidas, farase un sorteo público no salón de plenos do Concello e as persoas admitidas serán avisadas por teléfono para, ademais, indicarlles a documentación que cómpre presentar para confirmar a praza. A cota de participación estipúlase nos 85 euros, contía que non se debe aboar ata que a Administración local confirme a praza.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...