A Pobra celebra o Día do Medio Ambiente cunha recollida de lixo na praia da Corna

26 Maio 2023

O 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente e o Concello da Pobra do Caramiñal súmase ao proxecto Libera, impulsado por SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes. A Administración local pobrense adhírese así a unha recollida de lixo na praia da Corna dentro da campaña estatal Únete a 1 m² contra a “basuraleza”!

Para facilitar a asistencia das persoas interesadas, realizarase no día 3, de 10.00 a 13.00 horas. O punto de encontro será nas inmediacións do areal que hai tralo río Esteirón, na zona de Caíños.

A concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo, remarca que esta convocatoria tamén está aberta ás crianzas, sempre que vaian acompañadas dunha persoa adulta. Ademais, procederase coa caracterización de residuos para coñecer os que máis abundan. A edil fai fincapé na importancia deste tipo de iniciativas que buscan concienciar sobre a preservación das contornas naturais e implica-la cidadanía no coidado destas.

A retirada efectuarase de maneira manual con material proporcionado por Libera e contarase coa colaboración da Protección Civil no transcurso da actividade.

As inscricións formalizaranse a través do enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal ou do teléfono 669177829. Deberase indicar o número de persoas participantes, nome e apelidos e un medio de contacto. Establécese un máximo de 20 prazas.

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.