A nova directiva do “Club Natación Ribeira” dase a coñecer coa ilusión de seguir crecendo e facer novos socios

11 Maio 2023

A nova xunta directiva do Club Natación de Ribeira deuse a coñecer este mediodía nun acto
celebrado na Casa do Concello no que, acompañada do alcalde e do concelleiro de Deportes, déronse a coñecer ante a sociedade local.

Así, a súa nova presidenta, María Villar agradeceron aos seus predecesores o seu labor, que permitiu coller un club moi importante tanto a nivel local, como nacional e europeo, e expresou a ilusión de
coller as rendas da entidade co desexo de facer novos socios e recuperar os que se foron, sobre todo na época da pandemia. Tamén recordou que contan cunha sección de triatlón que está dando moitos
éxitos.

Pola súa parte, Manuel Ruiz recordou que a natación deu ao concello a primeira olímpica na súa historia (María Vilas, en Río 2016) e felicitou á nova xunta por tomar o relevo, ao tempo que felicitou ao
pobo de Ribeira que apoie o club.

Ademais de María Villar, integran a directiva Daniel García (vicepresidente), Sendy Ríos (tesoureira), Aitor Ibáñez (vogal), con Antonio Gómez e Juan Carlos Ageiros como adestradores.

Outros artigos

Ribeira reivindica arte local cunha mostra colectiva de 23 artistas

O Centro Cultural Lustres Rivas, espazo vivo de creación e difusión cultural activo dende 2011, acolle este días, por segundo ano consecutivo, unha exposición colectiva de artistas da contorna, fundamentalmente ribeirenses, baixo o título Camiño da arte que está...

+

O Pazo da Mercé, na Listaxe Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra

A Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra denunciando o estado de abandono dos tesouros da xeografía española, vén de engadir un novo inmóbel do Barbanza aos seus rexistros, que sumar á Casa da Cadea (A Pobra) e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión