A cidadanía de Porto do Son poderá formarse en trámites online coas administracións o vindeiro 6 de xuño

29 Maio 2023

O Concello de Porto do Son, en colaboración coa empresa pública estatal INECO, organiza este mes de xuño un curso para axudar á cidadanía nas súas relacións coas institucións públicas, poñendo o foco en facilitar tramitacións, operacións e comunicacións a través das novas ferramentas, de xeito cómodo, áxil e seguro.

No curso Trámites Online coa Administración, de dúas horas de duración, as persoas participantes aprenderán a realizar distintos procedementos básicos coa Administración, como a obtención e utilización de medios de identificación (e-DNI, certificado dixital, clave permanente, etc.), a solicitude de cita previa en distintas administracións ou a presentación de documentación por sede electrónica, entre outras operacións.

“Este curso é de vital importancia para aqueles/as que non estades familiarizados/as con este tipo de trámites, cada vez máis frecuentes”, sinalan dende o Concello.

Celebrarase o 6 de xuño, en horario de 9:30h a 11:30h, no Viveiro de Empresas de Porto do Son. As inscricións cómpre facelas en jose.pazo@portodoson.gal indicando nome completo e teléfono de contacto.

Outros artigos

Minuto de silencio no Son polas vítimas de Urda

O Concello do Porto do Son acolleu onte a celebración dun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda. O Goberno e a Corporación do municipio adheriuse ao minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.