A campaña Puntazo ABE premiará con neveiras portátiles a fidelidade dos boirenses cos seus comercios

15 Maio 2023

A ABE (Asociación Boirense de Empresarios) puxo en marcha unha nova campaña de promoción comercial co “obxectivo de premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados”. Trátase da iniciativa de dinamización comercial Puntazo ABE, campaña que debuta no programa de actividades da asociación boirense e que está vinculada ao seu sistema de fidelización por puntos. A través desta nova proposta, agasallarase con neveiras aos clientes dos establecementos de Boiro, recoñecendo deste xeito o seu compromiso co local

Así, a partir do 1 de xuño os clientes que conten con 50 puntos acumulados podrán utilizalos para conseguir “un agasallo exclusivo, unha estupenda neveira de praia pregábel de 16 litros con bandexa incorporada”, informou a patronal, engadindo que “para acumular puntos” os clientes dos negocios asociados deben subir os seus tíckets ou facturas á web da ABE www.abe.gal e xuntarán o 10% do importe en puntos ABE para cambiar este premio especial do puntazo que se pode solicitar a partir do 1 de xuño ata esgotar existencias.

Os clientes que xa teñan acumulados os 50 puntos na súa conta poden usalos para conseguir a neveira e os que aínda non os teñan deben subir os tíckets canto antes para conseguir os puntos necesarios.

Ademais do premio especial do puntazo de verán os puntos pódense trocar por vales de compra (100 puntos por 5€) ou por premios como maletas, carros da compra, auriculares bluetooth, cargadores sen fíos e moitos premios mais.

Na web da ABE (www.abe.gal) está tanto o catálogo como a aplicación para rexistrar os tíckets.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.