A Biblioteca de Noia celebra as Letras Galegas agasallando un libro aos usuarios

16 Maio 2023

Mergullados xa na semana das Letras Galegas, a nosa terra é un fervedoiro de actividades arredor da festa cultura do 17 de maio, adicada este ano a Francisco Fernández del Riego. Entre as entidades que están a celebrar a nosa festividade cultural por excelencia atópase a Biblioteca Municipal de Noia, que informou que as persoas que se acheguen ás súas instalacións esta semana e leven en préstamo algunhas das obras dos seus fondos recibirá de agasallo un libro (un por persoa e día).

Dende a Biblioteca queren conmemorar deste xeito a relevancia especial que ten esta edición 2023 da festividade, xa que “por unha banda cumpre sesenta anos a celebración do Día das Letras Galegas e pola outra está adicada ao seu principal promotor Francisco Fernández del Riego, quen o 20 de marzo de 1963 presentaba na Real Academia Galega, co apoio dos tamén académicos de número Gómez Román e Ferro Couselo, a proposta de crear unha “xornada oficialmente adicada a honrar os nosos libros”. Foi, polo tanto, o inicio da festividade do 17 de maio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.