A Audiencia da Coruña absolve un acusado de traficar con droga en Boiro

22 Maio 2023

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, absolveu un acusado de traficar con droga porque a cantidade que lle interviñeron nas inmediacións do parque da Cachada de Boiro (5,632 gramos de cocaína, 1,828 gramos de heroína e pouco máis de catro gramos de haxix) “non supera o estándar correspondente á provisión para o autoconsumo dun só consumidor durante ese período de días”. O tribunal destaca que “a condición de consumidor habitual de droga do acusado resultou acreditada pola proba documental achegada pola súa defensa”.

Na sentenza, indícase que as substancias tóxicas lle foron ocupadas durante “un dispositivo dirixido a investigar as denuncias anónimas, escritas ou telefónicas, que se recibiron e que referían que o acusado e unha muller da que aquel sería parella se dedicaban á venda de drogas”. O valor total da droga incautada, segundo o fallo, era de 472,48 euros. “Non está probado que posuíse a droga coa finalidade de transmitila a terceiros”, conclúe a Audiencia na sentenza, contra a que cabe presentar recurso.

Entrada ao parque da Cachada en Boiro

Outros artigos

Os Bombeiros de Boiro sufocan un incendio nunha parcela en Aguiño

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro recibiron este sábado 14 de setembro, arredor das 6.24 horas, un aviso no que se lles informaba dun lume na rúa Falcoeiro, na parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira. Á súa chegada ao lugar, o persoal da agrupación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión