A ABE, primeira asociación empresarial da nosa terra admitida na Alianza Galega polo Clima

02 Maio 2023

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) vén de recibir a confirmación oficial da súa admisión como integrante da Alianza Galega polo Clima, unha iniciativa impulsada pola Xunta que arrancou hai uns meses co obxectivo de crear unha fronte común a prol da sustentabilidade e a loita contra o quecemento da Terra. Como explicou o presidente, Daniel García, “a Alianza Galega polo Clima é unha iniciativa que avoga pola busca de medidas comúns e coordinadas que xeren sinerxias na acción climática en Galicia”. Ademais, precisou que “esta alianza reúne a organizacións que como a nosa, esteamos dispostas a asumir un compromiso para avanzar na mellora do medio ambiente, o logro dos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentábel e a Axenda 2030”

A alianza conta xa con mais de 50 entidade adheridas en menos dun ano de funcionamento entre as que se atopan universidades, autoridades portuarias, clubs deportivos, organizacións sindicais, empresas e outras entidades, sendo a ABE a primeira asociación empresarial que se adhire.

Ademais a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez anunciou que se está a preparar un encontro entre os membros adheridos para seguir creando sinerxías de cara a avanzar no obxectivo de acadar unha Galicia neutra en emisións de CO2.

No capítulo de obxectivos da Alianza, cómpre lembrar que a adhesión ao pacto supón asumir as liñas estratéxicas marcadas polo Goberno galego nesta materia e unha serie de deberes como establecer accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambio climático en Galicia; fomentar o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica sobre este tema; promover e apoiar a investigación vinculada ao clima, e acelerar o desenvolvemento e a difusión de tecnoloxía para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións.

No caso da ABE valorouse positivamente a súa participación no proxecto internacional para a mitigación do efecto invernadoiro liderado pola Universidade de Bari (Italia) no que se trata de reducir a utilización de vehículos privados nos desprazamentos laborais mediante a posta en marcha de incentivos aos traballadores ou, a nivel local, a posta en marcha, xunto co Concello de Boiro, dunha máquina de reverse vending con incentivos á reciclaxe.

A Xunta de Galicia destacou “o papel da asociación como canalizadora dos obxectivos da alianza de cara ao tecido empresarial da comarca” e tamén puxo en valor que “sexan xa tres as organizacións con sede en Boiro as que forman parte da alianza posicionando así ao municipio como un dos mais activos neste eido a nivel autonómico”.

Dende este martes 2 de maio a patronal de Boiro xa pode utilizar o logotipo oficial da alianza nas súas comunicacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...