A 23ª Mostra de Teatro Infantil de Ribeira (Mostra Daniel Gómez Ramil) contará coa participación de sete grupos

23 Maio 2023

A concelleira de Cultura, María Sampedro, presentou na mañá deste 23 de maio os detalles da vixésimo terceira edición da Mostra de Teatro Infantil de Ribeira Daniel Gómez Ramil, unha cita que despois de varios anos parada por mor da pandemia e por mor da interrupción dos ensaios nos grupos “recuperamos agora para desenvolver no Auditorio Municipal do 29 de maio ao 3 de xuño”, comentou a edil, lembrando que neste festival, ademais de agrupacións infantís de arte dramática do municipio tamén participan outros equipos teatrais da contorna, polo que “é un evento destacado que permite poñer en valor a creación teatral da nosa comarca”.

Nesta edición son sete as agrupacións participantes, cinco do municipio, que son os grupos de teatro do Colexio Galaxia, do colexio Bayón (que participa con dúas representacións), CEIP de Artes e o Grupo Municipal de Teatro Infantil de Ribeira; e dous grupos chegados do Concello da Pobra do Caramiñal, concretamente da ANPA Cadreche e da ANPA do Colexio Bandaseca. Respecto das montaxes coas que concorren, algunhas son versións e adaptacións de obras xa coñecidas pero outras son novas creacións escénicas froito da creatividade e orixinalidade dos directores e mesmo do alumnado.

“Nestes días”, dixo a concelleira, “pasarán polo escenario do Auditorio Municipal de Ribeira máis de 150 artistas”, aínda que os participantes nesta mostra superan os 400, pois moitas nenas e nenos, profesorado, directivos das ANPAS e familiares dos artistas colaboran nas tarefas de escenografía, ensaios, traslados ou montaxes.

As funcións serán todas elas ás sete e media da tarde e con entrada gratuíta, con apertura de portas media hora antes para todos aqueles que queiran asistir. Comezará o luns 29 de maio o grupo da ANPA Cadreche, o martes 30 Bandaseca, o mércores 31 será a quenda das dúas obras que prepararon dende o Colexio Bayón, o xoves o grupo do Colexio Galaxia, o venres os nenos e nenas do CEIP de Artes, e pechará a mostra o Grupo Municipal de Teatro Infantil de Ribeira o sábado 3 de xuño. E a continuación celebrarase o acto oficial de clausura da mostra coa entrega dos diplomas e os agasallos a todos os participantes, que se trata dunhas figuriñas de artesanía galega realizadas para a ocasión por cerámica Regal e que recibirán as agrupacións participantes.

María Sampedro aproveitou para agradecer a implicación dos distintos grupos de teatro infantil con este evento cultural que leva xa tantos anos a celebrarse, xa que a actividade naceu da man da Asociación Alfaia no ano 1998 (no acto estaba presente unha representante da entidade, Carmen Pena) e ano a ano vai consolidándose amosando as novas montaxes de cada un dos grupos participantes.

Para rematar, a edil de Cultura animou a toda a cidadanía e visitantes a achegarse ao Auditorio Municipal para apoiar o traballo realizado por cativos e maiores ao longo do ano, “xa que a maior recompensa e recoñecemento é a nosa presenza e o aplauso na posta en escena e a estrea das distintas montaxes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.