Na Pobra calcinados dous vehículos e outro danado por mor dun incendio

31 Maio 2023

Dous vehículos quedaron completamente calcinados e outro resultou parcialmente danado por un incendio rexistrado nun deles e que a propagación das chamas fixo que alcanzase aos outros dous. O suceso ocorreu ao redor das catro e media da madrugada deste domingo na Rúa Gasset da Pobra.

O lume iniciouse nunha furgoneta Citroën estacionada e que quedou inservible, do mesmo xeito que lle sucedeu a un coche da mesma marca que estaba aparcado á beira. Tamén se viu afectado un Mercedes, o seu propietario ao retiralo dese lugar antes de que o incendio seguise actuando. Non se descarta que o incendio puidese orixinarse de maneira accidental por mor dun problema eléctrico.

Foi un particular o que ao redor da hora referida contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, desde onde se informou á dotación de garda do parque comarcal de Bombeiros de Ribeira, así como a agrupación de voluntarios de Protección Civil da Pobra, que se encargaron dos labores de extinción e tamén á Garda Civil de Boiro.

R

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.