“Unha situación grave” – Manuel Domínguez

24 Abril 2023

A situación é grave. Somos agora menos intelixentes que hai unhas décadas? Diversos estudos realizados en Dinamarca, Reino Unido, Francia, Holanda ou Finlandia atoparon nos últimos anos que os índices de coeficiente de intelixencia (IQ, polas súas siglas en inglés) nas poboacións analizadas diminuíran considerablemente en comparación con xeracións anteriores.

Hai moitos anos, na miña mocidade, tamén había pelexas, pero dunha ou outra maneira había algunha razón, aínda que fose unha razón un tanto enclenque, non ocultarei que rompendo as regras houbo algunha pelexa de grupos, sempre hai a excepción que rompe as normas.

O que é de psiquiatría, é que un mozo se preste “voluntariamente” a poñerse firme esperando que dun asalto un compañeiro lle golpee no rostro, con risco de romperlle os dentes ou a mandíbula.

Non é normal, que dúas mozas pelexen para gravar un vídeo sen ter inimizade, sendo compañeiras de clase, e a outra teléfono en man animando á pelexa, eses cerebros non están equilibrados, estamos moralmente, intelectualmente quedando moi por baixo dos animais.

Certamente non todos, esa é unha minoría, unha minoría de incapacitados que teñen a calidade de chegar ao poder, de facer leis.

Xentes sen responsabilidade laboral, sen ter na empresa nunca ao seu cargo persoal, están a gobernar e facendo leis, está a chegar á política o mais torpe torpe? Se torpe, pois quero ser educado.

Nalgún escrito afastado, dixen un día que se eu tivese poder prohibiría o boxeo profesional, aínda que iso me levase a perder votos ou deixar o poder.

Á marxe de ter a dúas persoas golpeándose sen razón algunha, é miserable observar como miles ou millóns de persoas gozan vendo a dous seres humanos golpearse, unha masa adormecida pola agresividade de dúas persoas, no seu grao ínfimo.

A auga e o aceite non se mesturan, eu pregúntome que clase de mestura hormonal pode pasar no cerebro, para deixarse golpear voluntariamente, que pasa nese espazo tan descoñecido para ter pracer de ver a dúas persoas no seu grao mais baixo de persoa, golpearse sen razón algunha.

No ano 1984 James R. Flynn, investigador neozelandés, descubriu que o cociente intelectual dos seres humanos incrementouse de forma sorprendente en todos os países ao longo de todo o século XX.
Este novo século XXI, é o anverso do tempo pasado, Cales son as condicións, cales as circunstancias? que está a pasar no mundo, na sociedade? Que ocorre para chegar a este grao de degradación moral.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.